Lactuca serriola


18 Oct
18Oct

Anual ou bienal, de talos de ata 180 cm., ramosos. Follas ríxidas, con pequenas espiñas no nervio principal do envés, sendo as da base pinnatifendidas ou dentadas, menores canto máis arriba se dispoñen.

Inflorescencias en panícula ambla, con capítulos de 7-35 flores en lígula de cor amarela-pálida. Aquenios griseiros de 6-8 mm., escábridos no ápice, con bico branco máis ou menos tan longo coma o corpo do aquenio.

Florece entre xullo e agosto en terreos secos.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.