Jacobaea aquatica


Planta bienal ou perenne, con talos de ata 150cm., glabrescentes a pelosos, ramosos a miúdo xa dende a base. As follas basais, en mouta, e as caulinas inferiores, de 10-20 cm., son pinnadas a enteiras, pecioladas, verdes cando a floración.

As superiores, semiamplexicaules, pinnatífidas, con 1-2 pares de segmentos laterais que forman ángulo agudo co nervio principal, e lóbulo terminal de maior tamaño. Capítulos menos numerosos que en Jacobaea vulgaris, de 25-30 mm. de diámetro, dispostos en corimbo. 

Levan invólucro de 4,5-6,5 mm., glabrescente, con 1-5 brácteas suplementarias e lígulas de ata 12 mm., amarelas coma os flósculos. Aquenios de 1,5-2 mm., glabros ou os interiores con poucos pelos só nas costelas, todos con papo caedeiro de ata 4 mm.

Florece entre xuño e outubro en herbeiras moi húmidas.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Asteraceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.