Hypochoeris radicata


17 Oct
17Oct

Perenne, con escapos de ata 100 cm., engrosados baixo os capítulos. Follas de ata 25 cm., oblongas a oblongo-lanceoladas, pelosas. Capítulos de 20-30 mm., de diámetro, con 25-35 brácteas involucrais de ata 25 mm., as internas máis do dobre das medias.

Flores liguladas, amarelas, máis longas có invólucro. Aquenios de 8-17 mm. con bico longo, ou ás veces os externos de 5 mm., con pouco bico.

Florece en entre maio e xullo, sendo vulgar en toda Galiza. Empregada como antitusíxena.


Lugar de observación: Carballeda. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.