Hyacinthoides paivae


19 May
19May

Follas en número de 4-12, lineares ou linear-lanceoladas, de 20-60 x 7-21 mm. Escapo da mesma altura ou pouco máis, levando acio laxo oblongo non unilateral, con ápice erecto, de 6-18 flores arrecendentes, pendurantes. Pedicelos máis curtos cás flores, levando ao pé 2 brácteas desiguais que os superan en tamaño.

Perianto aberto en estrela na antese, de 6 tépalos de 0-12 x 3-4 mm., azuis (algunha vez brancos ou esvaídos), de ápice dereito. Estigma trilobado. Estames dos tépalos externos iguais, inseridos no medio do tépalo, e anteras azuis (brancas ao murchar).

Florece entre marzo e maio. Aparece en zonas baixas de Galiza.


Lugar de observación: Monte do Carrio. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.