20 Feb
20Feb

Perenne, con talos de ata 1 metro recubertos de moitos pelos estrelados e simples eglandulosos avermellados (en especial na parte infeiror), pero sen pelos glandulosos. 

Follas de ata 180 x 40 mm., todas caulinas, lanceoladas, a oblongo-lanceoladas, de beiras denticuladas a dentadas, glabrescentes pola cara e con pelosidade non glandulosa no envés, as inferiores de maior tamaño e subpecioladas, as superiores sésiles e redondeadas ou acorazonadas na base. Inflorescencia en panícula alongada, con capítulos de invólucro de 7-8 mm. de diámetro, con brácteas case glabras, sen pelos estrelados. Lígulas glabras. Aquenios de 2,5-3 mm.

 Florece entre maio e setembro, dende beiramar ata as montañas, aínda que non é abondoso.


Lugar de observación: A Trigueira. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.