Heracleum sphondylium


Bienal ou perenne de vida curta, con talos ocos pelosos, inferiormente setosos, de ata 230 cm. As follas son variables, de simples e palmeadas a pinnatisectas con 5-9 lóbulos máis ou menos aserrados, de apenas pubescentes a híspidas ou tomentosas polo envés.

Flores de pétalos brancos, os exteriores de cada umbela bífidos. Umbela de 20 cm. de diámetro, con 10-32 radios, 0-7 brácteas e moitas (0-15) bractéolas, a miúdo reviradas. Froitos de 6-10 x 5-8 mm., case orbiculares ou elípticos, glabros.

Florece entre xuño e agosto en bosques aclarados e beiras de camiños. A variabilidade que presenta dá lugar á consideración de varias subespecies entre as que aparecen todas as formas intermedias.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Apiaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.