Carum verticillatum


Perenne, erecta,  con raiceira fibrosa, fusiforme, engrosada abaixo. O talo, de ata 120 cm., é fistuloso, pouco dividido e con follas na base.

Estas teñen perfil linear, de 10-25 cm., e os lóbulos aparecen como lacinias verticiliadas de 10 mm. arredor do raquis.

As umbelas levan 6-15 radios de 2-5 cm., con 5-10 brácteas linear-lanceoladas e 5-10 bractéolas reviradas. Pétalos brancos e froitos de 2-4 mm., elipsoideos, con costelas ben marcadas.

Florece entre xuño e setembro en brañas, beiras de regatos e lugares enchoupados e soleados.


Lugar de observación: 

  • Monte Faro. Rodeiro.
  • Brañas de Xestoso. Silleda.
Tagged:  Apiaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.