Chaerophyllum temulum


Bienal, con talos de ata 100 cm., pelosos, inferior ou totalmente manchados de violáceo e engrosados baixo os nós. As follas son bi ou tripinnadas, as inferiores de 10-15 x 4,5-10 cm., coas últimas divisións máis ou menos obtusas pero mucronadas.

Umbelas de pedúnculos máis longos cós 6-12 radios, estes de 6-15 cm., pelosos, con umbelas terminais sobrepasadas polas laterais. Brácteas nulas, raramente 1 ou 2, pero 5-8 bractéolas de 2-3 mm., pelosas.

Pétalos branco-rosáceos, e froito de 4-8 mm., oblongo-elipsoideo, atenuado no ápice, con costelas marcadas e estiletes de 0,5-1 mm. que se volven reflexos na madurez.

Florece entre xuño e xullo en lugares sombrizos e algo nitrófilos de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Apiaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.