Angelica major


Bienal ou perenne, con talos ramosos, estriados, de ata 120 cm. Follas de 20-55 cm., de cor verde mate, glabras pola cara e con pouca pelosidade nas nervacións do envés. As basais son pinnatisectas, con lóbulos de 2-10 cm., ovadas, sésiles, coas beiras dentadas desigualmente.


Flores con pétalos brancos ou verdosos, en umbelas con 15-60 radios, glabros ou pouco pelosos interiormente, con 6-8 brácteas e 2-16 bractéolas caedeiras.

Froitos de 4-9 x 5,5-6,5 mm., con ás de beiras rectas.

Florece entre xuño e agosto en herbais e claros de bosque.


Lugar de observación: Xestoso. Silleda.

Tagged:  Apiaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.