Genista triacanthos


11 Jun
11Jun

Arbusto de ata 1 metro, ramoso, con moitas espiñas delgadas de 4-20 mm., as superiores trífidas. As follas son, na súa maior parte, trifoliadas, con folíolos de 3,5-10 x 1-2 mm., oblongos ou linear-lanceolados. As inflorescencias van dispostas en acios multífloros terminais ou axilares.

Flores con pedicelo de 1,5-2,5 mm., glabro, e cálice de 3-4 mm. Corola amarela ou tirando algo a laranxa, caduca, con estandarte de 5-7,5 mm., ás de 5-7,5 mm. e quilla de 7-9,5 mm (é dicir, de maior tamaño). Legume apenas sedoso con 1-2 sementes, fusiforme ou romboideo, de 6-7 mm., que comprende remate en bico de 1,5-2 mm. (resto do estigma).

Florece entre marzo e xuño en gándaras ou toxeiras de toda Galiza.


Lugar de observación: Aldea de Baixo. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.