Filipendula vulgaris


Planta con talos fértiles de ata 60 cm., glabros ou case glabros, que nacen anualmente. As follas basais, de 5-35 x 3-4 cm., levan folíolos de alternos a opostos, grandes (en número de 8-40 pares) e pequenos intercalados, así como outro terminal trilobulado, todos coas beiras irregularmente divididas.

A inflorescencia está formada por cima paniculiforme e umbeliforme, ata 14 cm. Flores con pedicelos de 2,5-20 mm., con 6 sépalos de 1,5-2,5 mm., revoltos cara atrás na floración, e 6 pétalos de 4-9 mm., brancos ou rosados e rectos. Aquenios de 3-4 mm., rectos.

Florece entre maio e xullo, en prados húmidos, en Galiza sobre chans básicos ou ultrabásicos.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Rosaceae
  • 20/02/2017
  • 21/02/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.