22 Feb
22Feb

Planta que acada 200 cm., pubescente ou aínda lanosa, con follas basais pecioladas, máis ou menos rugosas, ovadas e lanceoladas, recubertas por pelos glandulosos e non glandulosos, sendo as superiores case sésiles.

Flores con corola de 40-55 mm., púrpura (ás veces branca, no caso da variedade Alba), co interior branco punteado de vermello, peloso, dispostas en acio non ramificado. 

Florece entre abril e setembro en case toda Galiza. Toda a planta é velenosa, por conter dixitalina, droga que fai máis vagoroso o latexar do corazón, polo que se emprega en medicina. É tamén planta máxica, por escorrentar as desgrazas. 

Moi popular, como indica a cantidade de nomes vulgares, moitos dos cales derivan do estoupido que producen os nenos ao xogaren coas flores.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.