Melampyrum pratense


Anual, con talo case glabro, cuadrangular, que pode acadar 50 cm. Follas lineares ou linear-lanceoladas, de 25-70 x 1,5-25 mm. Inflorescencia en acios espiciformes laxos, unilaterais, con flores pediceladas que levan brácteas ovalo-lanceoladas a linear-lanceoladas, a miúdo hastadas na base.

Cálice de 5-9 mm., con dentes desiguais de 4-6 mm., lineares. Colora de 10-18 mm., branca ou amarela clara, ás veces tinguida de violeta. Cápsula de 9-14 mm., maior có cálice.

Florece entre maio e agosto en prados, bosques e breixos de case toda Galiza (agás nas zonas baixas). Vólvese negra na desecación.


Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.

Tagged:  Scrophulariaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.