Verbascum virgatum


Bienal, (o primeiro ano só bota a mouta basal), glabra agás na parte superior que é glandular, pubescente. Ata 100 cm., con follas basais de 15-33 x 4-9 mm., oblongas ou oblongo-lanceoladas, curtamente pecioladas.

Follas caulinas sentadas, algo decorrentes. As flores, pedunculadas, solitarias ou en grupos de 2-5, aparecen sobre brácteas de 8-20 mm. Cálice de 4-8 mm. e corola amarela con fondo violáceo de 30-40 mm. de diámetro. Estames inferiores con pelos violáceos, os dos tres superiores, brancos e violáceos. Cápsula globosa, de 5-8 mm.

Pode chegar ao metro de altura. Florece entre xullo e outrubro en baldíos e beiras de estrada de zonas baixas de Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Scrophulariaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.