Anarrhinum bellidifolium


Planta glabra, con talos erectos de ata 80 cm., follas basais en mouta ata 8 x 3 cm., espatuladas ou lanceoladas, irregularmente dentadas. 

Flores en inflorescencia terminal con corolas lilacinas ou azuis cun esporón. Froito en cápsula globosa con numerosas sementes no interior.

Florece entre marzo e agosto en lugares secos e asollados de toda Galiza.


Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.

Tagged:  Scrophulariaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.