11 Aug
11Aug

Planta anual, ata 150 cm., hirsuta, coa parte superior moi ramallenta. Follas caulinas de 3-10 cm., lineares ou lanceoladas, polo menos as superiores sésiles, aparecendo a metade inferior recuberta de restos secos. Os capítulos, de 4-7 mm. de diámetro abertos, numerosos, forman en conxunto unha inflorescencia en panícula ampla.

Levan brácteas involucrais de 1,5-3 mm. e lígulas brancas ou violáceas de 0,5-1 mm., pouco máis longas cós flósculos, estes amarelos e aparecendo en número de 25-45. Aquenios de 1-1,5 mm., pubérulos, e papo de 1,5-2,8 mm., de cor branca.

Florece entre agosto e novembro, en leiras abandonadas  ou terreos removidos, nitrificados. É unha herba ruín que procede de Norteamérica, pero xa chegara a Europa a mediados do século XVII. Parece ser astrinxente, diurética e antirreumática.


Lugar de observación: Erbo. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.