Coleostephus myconis


21 Feb
21Feb

Anual, glabra ou apenas pelosa, con talos de ata 45 cm., erectos ou case, ramallentos. Follas alternas, dentadas ou serradas, as basais pecioladas, obovadas ou espatuladas, de 2-5 cm., as caulinas ovado-oblongas, algo amplexicaules.

Capítulos de 2,5-4,5 cm. de diámetro, con lígulas de 6-15 cm., amarelas, o mesco cós flosculos. Aquenios das lígulas estériles, de 3 mm., comprimidos, os dos flósculos de 2mm., cilíndricos, cunha aurícula de 1,2-1,8 mm. que envolve a parte inferior da corola.

Florece entre marzo e xullo, sendo abondosa en prados e cultivos de toda Galiza.


Lugar de observación: Castro de Bendoiro. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.