Cichorium intybus


Planta perenne, con longa raiceira e talos ramosos de ata 120 cm., erectos, con látex. As follas basais son pinnatífidas a dentadas, de 7-30 x 1-12 cm., apenas pecioladas, mentres que as caulinas aparecen lanceoladas, amplexicaules.

Capítulos de 25-40 mm. de diámetro, case sentados e dispostos nun talo fistuloso case áfilo. Invólucro de 11-14 mm. Lígulas azuis, 3 veces máis longas có invólucro. Aquenios de 2-3 mm., angulosos. 

Florece entre xuño e setembro, subespontánea en beiras de camiños. Cultívanse pola raíz (reducida a po é a chicoria do café), e polas follas, que se consomen como verdura.


Lugar de observación: As Liñeiras. Serra do Candán.

Tagged:  Asteraceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.