Bidens tripartita


29 Sep
29Sep

Anual, de pouco pelosa a hirsuta, con talos de ata 100 cm. As follas, opostas, con pecíolo curto e alado, aparecen tripartidas (rara vez en folíolos ou enteiras), de divisións lanceoladas, maior a terminal. Os capítulos, de 10-25 mm. de diámetro, levan 5-8 brácteas involucrais externas semellantes ás follas, sendo as internas ovadas, acastañadas, coas beiras verdes.

Flores amarelas, con lígulas saíntes. Escamas do receptáculo escariosas, tan longas coma os aquenios. Aquenios cuneiformes de 4-6 mm. de longos, beireados de setas retrosas e rematados en 3-4 arestas.

Florece entre agosto e outubro, en lugares húmidos como brañas e beiras de ríos, es especial nitrificados.


Lugar de observación: Beira do encoro de Portodemouros. Brocos. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.