22 Feb
22Feb

Perenne, con follas basais obovado-espatuladas de 10-60 x 4-25 mm., ás veces con beiras serradas, con só un nervio principal. Da mouta basal xorden os escapos, de ata 15 cm., levando capítulo de 15-30 mm. de diámetro, con receptáculo cónico. 

Brácteas do invólucro obtusas, de 3-6,5 mm., flósculos amarelos de 1,4-2 mm. e lígulas de 4-11 mm., brancas, a miúdo coa punta e as beiras purpúreas.

Aquenios sen vilano, de 1-1,6 mm., pubescentes, polo menos os da parte externa.

Florece prácticamente todo o ano en todo tipo de prados, sendo unha planta de gran variabilidade. Empregada como vulneraria, as follas novas son comestibles en ensalada.


Lugar de observación: Alperíz. Parada. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.