30 Mar
30Mar

Talos ata 10 cm., a miúdo deitados e ás veces inferiormente ramosos. Follas cuneadas, de beiras ciliadas, de 3-10 mm. de longo e pouca máis anchura, divididas en 3 segmentos que se subdividen á súa vez en 2-3 lóbulos. Estípulas foliares de 4-6 mm., divididas ata a metade en lóbulos.

Flores con 4 sépalos de 0,2-0,4 mm., glabros, de beiras ciliadas, e receptáculo subgloboso a elipsoidal, de 0,8-1,4 mm. Froito en aquenio, inclusa en úrnula de 1-1,7 mm.

Florece entre febreiro e agosto en céspedes, leiras e cultivos, ou terreos con escasa cobertura de toda Galiza.


Lugar de observación: Bendoiro. Lalín.

20Feb
21Feb
Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.