17 Oct
17Oct

Anual (ás veces bianual), con cheiro forte, de talos moi ramallentos, algo avermellados, de ata 80 cm., con follas bipinnadas, de perfil obovado, pubescentes, de 1,5-5 cm. coas últimas divisións oblongas lineares.

Capítulos solitarios en longos pedúnculos, con brácteas involucrais pubescentes, oblongas, coas marxes e ápice hialinos ou castaño-escariosos, sendo as escamas interflorais lanceoladas, rematadas en ápice agudo. Lígulas brancas fértiles, de 5-10 x 2-2,5 mm., e flósculos amarelos. Aquenios de 1-2,2 mm., con 10 costelas, rematadas nun rebordo pregado cara a fóra.

Florece entre maio e agosto en terras removidas de case toda Galiza, en especial a baixa altura. Pódese empregar susbstituíndo á macela, aínda que é moito menos aromática.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.