Adenocarpus lainzii


Arbusto que acada 3 metros, de cor verde escura, con pólas estriadas. Follas con pecíolo de 2-7 mm., trifoliadas con folíolos de 6-13 mm., ovados a oblongo-lanceolados, glabros pola cara e con pelosidade variable no envés.

Inflorescencias laxas, con numerosas flores de pedicelo de 2,5-7 mm. e cálice de 5-8 mm., glabro ou subglabro e con moitas glándulas estipitadas castaño-escuras. Corola papilionácea de cor amarela forte, con estandarte de 10-15 mm., ás de 8,2-8,9 mm. e quilla de 8,4-9,1 mm.

Froito en legume de ata 30 mm., recuberto de abondosas glándulas estipitadas negras. Sementes en número de 3-8.

Florece entre abril e xuño en beiras de camiños, leiras, a miúdo en lugares algo nitrófilos de toda Galiza.


Lugar de observación: Carmoega. Agolada.

Tagged:  Fabaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.