26 Mar
26Mar

Paxaro 14-16 mm. O macho ten a cabeza e caluga cincentas azuladas; cara, gorxa e papo pardos -en plumaxe nupcial son rosados-; dorso castaño, mitra verdella, ás é rabo apardazados escuros, con dobre banda alar branca as primeiras e retrices externas tamén brancas o segundo. 

A femia é parda vermella por arriba e máis clara por abaixo. Voo moi ondulado. Voz característica "pin-pin". (Escoitar Fringilla coelebs)

Fóra da época de cría é bastante gregario. Seméllase ao Pimpín real aínda que este non ten as retrices externas brancas, pero sí a mitra.

Paleártica. Distribuido por toda Europa onde é sedentario nas zonas meridionais, emigrante cara o sur e ao oeste, as poboacións máis septentrionais. Na Península Ibérica é abondoso e sedentario con migrantes europeos. En Galiza é común ata os 1.200-1.300 metros de altitude e sedentario con numerosos invernantes a partires de outubro. Paso moi numeroso principalmente en outubro.

Habita prácticamente en todas partes: fragas, xardíns, soutos, hortas, terras de culvito e ermas, etc.

Aniña en árbores e arbustos. Pon de mediados de abril a xullo 3-6 ovos brancos lixados con manchas apardazadas que choca a femia durante 14 días; os polos deixan o niño ao cabo de 15. Dúas roladas.

Aliméntase de sementes, grans e insectos. Guitián sinala para estes últimos un 79% de coleópteros, 7% de dípteros e 7% de himenópteros, entre outros.


Lugar de observación: Lago do Pontiñas. Lalín.


Vídeos en Youtube de Fringilla coelebs:

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.