06 Feb
06Feb

Ave de 76-86 cm. Sexos semellantes. A raza occidental A. a. anser, que é a que aparece en Galiza, é o ánsar de maior tamaño e volume. Ten a cabeza, pescozo e peteiro grandes e macizos, este último totalmente alaranxado coa punta branca; patas rosáceas apagadas, plumaxe gris apardazada sen grandes contrastes, nin sequera na cabeza e pescozo como ocorre noutros ánsares; en voo as partes anteriores superiores das ás de cor gris cinza contrastan coas posteriores de dorso máis escuros; nas ás vistas por abaixo contrasta a parte anterior clara coa posterior escura e isto diferénciaa doutras especies que as teñen escuras uniformes; mitra gris pálida que contrasta co dorso; borde terminal do rabo, branco e ancho. (Escoitar Anser anser)

Na Península Ibérica ten a zona principal de invernada en Villafáfila e nas marismas do Guadalquivir. En Galiza é invernante regular escaso, de novembro e mediados de marzo, tamén nos pasos prenupcial en abril-maio e posnupcial en setembro. Vese excepcionalmente no verán.

Habita en marismas, rías, esteiros, encoros e lagoas costeiras e do interior.

Aliméntase de vexetación acuática e especies propias de pastos húmidos.


Lugar de observación: Lago do Pontiñas. Lalín.


Vídeos en Youtube de Anser anser:

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.