29 Sep
29Sep

Paxaro de 12-13,5 cm. O macho en plumaxe nupcial ten as partes superiores negras sobre as que destacan en branco a fronte, manchas alares e laterais do rabo; partes inferiores totalmente brancas; patas e peteiro negros; ollos grandes.

A partir do remate da estación de cría (plumaxe invernal), as partes superiores son pardas e as brancas vense máis esluídas. A femia e os inmaturos son coma o macho en plumaxe invernal, pero sen fronte branca. Fai movementos espasmódicos co rabo. A súa voz é unha nota continua "uit".

Cría dende o centro de Escandinavia ata o oeste de Siberia e norte de África; pero na cunca mediterránea, agás en Levante espanhol, só se ve en paso. Na Península aniña localmente en zonas montañosas do Centro, Norte e Leste.

En Galiza vese nos pasos, principalmente no posnupcial de mediados de agosto a outubro, cando é moi abondoso, e raramente no nupcial a partir de abril.

Habita en fragas e lugares de moito arboredo; en paso, campo en xeral. Aliméntase de insectos e nas migracións de bagas.


Lugar de observación: Paseo do Pontiñas. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.