Cisticola juncidis


30 Nov
30Nov

Paxaro de 10-11 cm. Sexos iguais. Partes superiores pardas raiadas en negro, agás a mitra arrubiada apencada de escuro, e inferiores brancas cremosas; costas cremosas; rabo curto, redondeado con banda terminal clara e subterminal negra ben visibles en voo pola parte inferior; ás anchas e redondeadas. Na época de cría o macho ten o peteiro negro e a femia pardo. Voo ondulado durante o que emite o seu característico canto, un repetido "sip-sip-sip...".

En Galiza é un paxaro sedentario e moi común e segue a estenderse polo interior. Habita en xunqueiras, prados e proximidades de lagoas e marismas, etc.

Aniña entre a vexetación de herbas, xuncos ou canaveiras. De abril a agosto pon 4-5 ovos de cor variable que chocan ambos pais durante 15 días; os polos deixan o niño aos 12 e voan aos 16. Dúas ou tres roladas. Aliméntase principalmente de insectos, arañas e pequenas sementes de plantas palustres.


Lugar de observación: Soldecasa. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.