16 Dec
16Dec

Paxaro de 17-19,5 cm. Sexos semellantes. Partes superiores azuis, apencadas, coa mitra e lombo máis claros; ás alaranxadas pola cara inferior; gorxa branca; auriculares pardas arrubiadas seguidas dunha mancha braca aos lados do pescozo; partes inferiores rubias; patas vermellas; rabo moi curto; peteiro negro, grande e forte.

A femia ten a base da queixada inferior arrubiada. Os inmaturos teñen o peteiro máis curto e cores máis apagadas. A súa voz é un asubío monosilábico que emite en voo: "tiii" ou "tiit-tiit". Pousa en polas sobre a auga e guíndase delas para pescar. Voo moi rápido a rentes da auga.

Distibúese por toda a Península Ibérica, aínda que é escaso no sueste. En Galiza é sedentario e pouco común. Obsérvase tamén en paso entre agosto e setembro.

Habita en ribeiras fluviais e outras masas de auga, incluída a beiramar.

Aniña en buratos de 0,5-1,5 metros de longo. Neles pon de abril a xuño 5-6 ovos brancos que chocan os dous sexos durante 20 días; os polos voan aos 25. Dúas roladas. Aliméntase de peixiños, insectos acuáticos, larvas e cabaliños do demo.


Lugar de observación: Paseo do Pontiñas. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.