Vinca difformis


Vivaz, con talos herbáceos de ata 200 centímetros, máis ou menos erectos. As follas son ovadas lanceoladas, de base redondeada, glabras nas beiras, de 2,5-7 x 1,5-4,5 centímetros.

As flores, con pedicelos menores cás follas correspondentes, levan cálice con lóbulos lineares, de 5-14 mm., glabros ou apenas ciliados, e corola azul de 30-45 mm. de diámetro, con tubo de 12-18 mm.

Florece en febreiro-xullo, en sebes, a baixa altitude.

Esta planta está incluida no Catálogo Galego de Flora Invasora. Non é especialmente difícil de controlar, xa que non forma estruturas de resistencia. Porén, Vinca difformis pódese establecer cunha densa cobertura sobre plantas nativas. Nestes casos é moi difícil que as tarefas de control non afecten ás plantas que se queren conservar.

Por outra parte, e debido á gran capacidade de reabrollar que posúe, recoméndase revisar as zonas en que a planta sexa eliminada polo menos dúas veces ao ano (en outono e primavera).

Eiquí información sobre a planta: (Ver info)


Lugar de observación: Abades. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.