Tuberaria globulariifolia


12 Feb
12Feb

Perenne, con rizoma do que xorde a mouta de follas, espatulada e obtusa, con 3-5 nervacións, con pecíolo ben marcado de 15-60 cm. Escapos floríferos de ata 40 cm., levando cima de 3-7 flores, con sépalos glabros, os externos de 2-3,5 mm. e os internos de 9-14 mm.  

Os pétalos, de 15-20 mm., amarelos a miúdo manchados de negro na base. Estames con filamentos negros.

Florece entre marzo e xullo en lugares de chan solto, luminosos, de toda Galiza.

Constitúe endemismo do cuadrante NW da Península.


Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.