Tuberaria guttata


Anual, pelosa, con talos floríferos de ata 40 cm. Follas basais en mouta (aínda vivas na floración), con 1-3 nervacións, elípticas a obovadas, iguais ás caulinas inferiores, mentres que as superiores se van facendo máis lineares.

As flores levan longos pedicelos (de ata 23 mm.) en acios terminais, con sépalos externos de 1,5-4 mm., e internos de 3-5,5 mm. Pétalos de 3-9 mm., amarelos, manchados na base.

Florece entre marzo e agosto en gabias e lugares removidos e secos de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Cistaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.