Satureja ascendens


Perenne estolonífera, pubescente a case glabra, de ata 50 cm. Follas pecioladas de 20-40 x 9-30 mm., ovadas a suborbiculares, de beiras dentadas a crenadas, con 5-8 dentes de cada lado. Flores en verticilos de 2-14, con pedicelos de 1-9 mm. e brácteas semellantes ás follas.

Cálice de 5-7,5 mm., con dentes inferiores de ata 1,2-3 mm., ciliados, máis longos có labio superior. Corola rosácea ou violácea de 9-15mm. 

Florece entre xuño e setembro en sotobosques, principalmente de zonas baixas. As follas empréganse para aromatizar as castañas cocidas. A miúdo tense considerado que existen dentro dela dúas especies distintas.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Lamiaceae
  • 12/02/2017
  • 17/02/2017
  • 21/02/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.