Lycopus europaeus


12 Feb
12Feb

Planta con talos de ata 120 cm., máis ou menos pelosos, con follas de 3-15 x 1-5 mm., ovado-lanceoladas ou elípticas, fondamente dentadas, pinnatífidas ou pinnatisectas. 

Verticilos bastante separados entre si, mestos e de moitas flores. 


Cálice de 3,5-4,5 mm., con dentes dobres de longo có tubo, espiñentos. Corola de 2,5-4 mm., branca, diminutamente punteada de vermello interiormente.


Florece entre xullo e setembro preto de lugares húmidos coma salgueirais.


Lugar de observación: Ribeira do río Deza. Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.