Veronica chamaedrys


Vivaz, con talos ascendentes máis ou menos pelosos, de ata 25 cm. As follas, de 10-40 x 6-30 mm., son oblongo-lanceoladas a ovadas, sésiles ou con curto pecíolo, de beiras con dentes moi marcados ou pinnatífidas.

Flores sobre pedicelos de 4-8 mm., con cálice de 4-6 mm. de dentes algo desiguais, pouco pubescente, e corola de 8-12 mm. de diámetro, dispostos en acios axilares alternos, os inferiores opostos. Cápsulas de 3-4 x 4-5 mm., obdeltoides, ciliadas, menores có cálice.

Florece entre abril e xuño en lugares húmidos de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Plantaginaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.