Cymbalaria muralis


Planta glabra ou case glabra, de ata 60 cm., con follas alternas, pecioladas, de limbo con 5-9 lóbulos, reniformes a semicirculares, ata 55 x 65 mm. (máis normalmente, de 12 x 15 mm.). Flores con cálice fondamente dividido en 5 lóbulos, de 2-2,5 mm. Corola de 9-15 mm., violácea con padal amarelo e esporón de 1,5-3 mm. case igualando o cálice. Froito en cápsula, con sementes negras de 1 mm.

Florece entre abril e setembro en paredes vellas, en especial de orientación norte, das partes baixas e cálidas de Galiza. Tamén empregada, como algunhas linarias, como depurativa e purgante.


Lugar de observación: Mosteiro de Carboeiro. Silleda.

Tagged:  Plantaginaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.