Callitriche stagnalis


Planta anual que pode vivir en medios acuáticos ou máis ou menos húmidos. As follas mergulladas son estreitamente elípticas, mentres as superiores poden formar unha mouta, de limbos suborbiculares, de 6-8 mm. de longo.

As floriñas, non doadas de ver, van na axila das follas (habitualmente unha masculina e unha feminina).

Froitos suborbiculares, de 1,5-2 mm., que se desfán en catro mericarpos alados.


Lugar de observación: Lalín.

Tagged:  Plantaginaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.