Verbena officinalis


Perenne, erecta, con talos cuadrangulares de ángulos ásperos que acadan 100 cm. As follas, opostas, de 4-6 x 2-4 cm. as inferiores, de perfil ovalado, aparecen divididas, e son menores e máis sésiles canto máis arriba.

As flores aparecen dispostas en espigas mestas (de 10-25 cm. na frutificación), e levan corola lilácea a azulada de 2-5 mm., co tubo dobre do cálice, ambos os dous pelosos.

Florece entre xuño e outubro en beiras de camiños e lugares secos. Tense empregado en medicina como diurética e vulneraria.


Lugar de observación: Lalín.

Tagged:  Verbenaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.