08 Oct
08Oct

Arbusto de ata 60 cm. de altura, erecto, con pólas ramallentas, con follas caducas de 10-30 x 6-18 mm., ovadas, aserradas, glabras, moi brillantes. As flores, habitualmente pentámeras, levan cálice de 2 mm., e corola de 4-6 mm., globosa, de cor branca verdosa ou rosácea, e van dispostas na axilas foliares.

Estames inclusos en número de 10. O froito é unha baia globosa, de 6-10 mm., negra-violácea.

Florece entre maio e xullo, en chans ácidos, sendo raro a menos de 800 metros de altitude. O froito é comestible (arandos), sendo empregado para conservar en augardente ou confituras. Emprégase tamén contra a diabete.


Lugar de observación: Monte do Faro. Rodeiro.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.