Calluna vulgaris


Arbusto rexo, de ata 100 cm. de altura, moi ramallento. As follas, de 1-3,5 mm., van dispostas imbricadas en 4 ringleiras, e levan na base dúas pequenas prolongacións.

As flores van dispostas en acio laxo, nas axilas das follas superiores, e levan sépalos de 3-4 mm., rosáceos, e corola de 2-3 mm. formada por 4 lóbulos (de menor tamaño e a mesma cor rosácea có cálice). Estames inclusos. Ovario peloso.

Florece entre setembro e novembro, sendo un dos principais compoñentes do monte baixo. Usada en tempos como diurética e por ser planta tintureira.


Lugar de observación: A Trigueira. Zobra. Lalín.

Tagged:  Ericaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.