Daboecia cantabrica


Pequeno arbusto que acada 50 cm., con follas de 10-14 mm., lanceoladas ou elípticas, coas beiras de cara verdes, reviradas, aínda que amosando a maior parte do envés, branco-tormentoso.

As flores aparecen en acios terminais nas pólas, en número de 6-15, e levan sépalos de 2-3 mm. e corola urceolada, violácea, de 10-14 x 5-8 mm., con lóbulos patentes. Ovario recuberto de pelos glandulosos. Cápsula de 3-7 mm., dehiscente por 4 valvas e con sementes numerosas, diminutas.

Florece entre xuño e outubro en toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Ericaceae
  • 21/02/2017
  • 13/10/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.