25 Jul
25Jul

Planta perenne, que pode pasar ben do metro, de follas oblongo-lanceoladas a ovado-triangulares, de 4-12 cm., cordadas na base e acuminadas no ápice. Levan na cara das follas pelos curtos non urticantes xunto con outros urticantes.

O pecíolo é menor cá metade do limbo, e leva 4 estípulas en cada nó. Unixesual, con flores en acios, de ata 10 cm.

Florece entre abril e setembro en toda Galiza. O mesmo cás demais estrugas, quere chans con moito nitróxeno e sombrizos, polo que ten como hábitat típico beiras de camiños e lugares habitados.

Recoméndase o seu uso como verdura (cocidas) por ser antihemorráxica e hipoglucemiante (para diabéticos).


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.