Umbilicus rupestris


Planta perenne, de ata 50 cm., leva follas basais orbiculares, peltadas, de beiras algo crenadas, entre 2-7 cm. de anchas, sendo as caulinas cada vez menores, as superiores lineares, todas carnosas. 

A inflorescencia ocupa máis da metade do talo, e consiste en acio de flores pendurantes sobre pedicelos de 1,5-5-5 mm., con sépalos de 1-2 mm. e corola tubular de 6-9 mm., branco-verdosa. Carpelos, 5.

Froito en polifolículo.

Perenne. Florece entre abril e xullo en paredes e rochas de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Crassulaceae
  • 22/02/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.