Sedum hirsutum


Planta perenne, con moitos talos estériles consistentes en moutas basais mestas, e talos floríferos de ata 15 cm. que xorden do centros das moutas basais, todos recubertos de pilosidade glandular.

Follas de 6-14 mm., alternas, obovadas a espatuladas. Inflorescencia en panícula de poucas flores. Flores pentámeras, con sépalos agudos de 2,5-3 mm. e pétalos brancos ou rosáceos de 5,5-7 mm., soldados na base.

Estames, 10, con anteras moradas. Folículos erectos, pubescentes na parte interior.

Florece entre maio e xullo en rochedos de toda Galiza.


Lugar de observación: 

  • Lebozán. Lalín.
  • Mouriscade. Lalín.
Tagged:  Crassulaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.