Sedum brevifolium


Planta perenne, glabra, cespitosa, con talos estériles abondosos e floríferos de ata 14 cm. Follas sublogosas, de 1-2 mm. de diámetro, a miúdo glauco-pruinosas, as caulinas opostas e as dos talos estériles dispostas imbricadas, pentámeras, con sépalos de 0,5-1,5 mm. e pétalos branco-rosáceos de 3-5 mm.

Estames 10-12, con anteras púrpuras. Folículos erectos, glabros. Florece entre maio e agosto, sobre pedras e muros de toda Galiza. 



Lugar de observación: Monte Faro. Rodeiro.

Tagged:  Crassulaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.