29 Apr
29Apr

Anual, con talos máis ou menos deitados, de ata 40 cm. As follas levan folíolos de ata 8 x 5 mm., obcordados ou obovados, sésiles ou polo menos o central peciolulado.

Inflorescencias pedunculadas, de 1-6 flores laxamente dispostas en pedúnculos de 0,4-3 cm. Flores con pedicelo de 0,5-1mm. e cálice con 5 nervios e tubo de 0,5-0,7 mm. Dentes desiguais, os 3 inferiores de 0,5-1 mm, os superiores de 0,3-0,4 mm. Corola amarela, persistente despois da floración, con estandarte liso (sen estrías) de 2,5-3,7 mm. Legume con 1 ou 2 sementes.

Florece entre maio e setembro en toda Galiza.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.