Planta de talos procumbentes, arraigantes nos nós. Follas de 3-6 cm., anchamente ovadas, agudas, algo carnosas e a miúdo violáceas polo envés. Inflorescencia en cima de poucas flores.
Flores con sépalos de ata 9 mm., verdes, lanceolados, e pétalos de ata 12 mm., ovados, brancos ou ás veces liláceos.
Florece entre abril e agosto. É unha planta orixinaria de Sudamérica que aparece subespontánea en lugares cálidos do suroeste de Europa. En Galiza atopámola vulgar preto de poboacións, en lugares sombrizos do sur e preto da beiramar.
Lugar de observación: Silleda.