21 Jun
21Jun

Planta leñosa, cespitosa, con tallos arraigantes e outros floríferos de ata 10 cm. de altura. Follas lienares ou linear-espatuladas de 5-10 x 1 mm., glabras, ciliadas na base ou metade inferior.

Inflorescencias laxas, espiciformes. Flores pediceladas con cálice bilabiado, pubescente e glanduloso, de 4-5 mm., con tubo de 3 mm. Labio superior co dente central maior e os laterais máis pequenos, e labio inferior bífido. 

Corola púrpura de ata 5 mm., bilabiada, con estames exertos de anteras tamén púrpuras.

Florece entre maio e agosto, en especial en zonas baixas de toda Galiza e norte de Portugal (chega a penas a Salamanca). É un tomentelo de escasa calidade e sabor non moi agradable.


Lugar de observación: Zobra. Serra do Candán.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.