Teucrium scorodonia


Herbácea ou subarbustiba, ramosa, acadando raramente 100 cm. As follas, de 30-70 mm., son triangular-ovadas, rugosas, de base cordada e beiras crenadas. Inflorescencia de ata 15 cm., moi laxa, con brácteas ovadas ou lanceoladas, menores có cálice.

Este é peloso, máis ou menos glandular, de 4-6 mm., e a corola, branca e amarelo-verdosa, de 9-10 mm., leva os estames exertos.

Florecen entre xuño e agosto, sendo abondosa en lugares aclarados, muros vellos, ou entre seixos. Empregada en medicina como diurética.


Lugar de observación: Trigueira. Zobra. Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.