29 Mar
29Mar

Anual, glabra ou moi pouco pelosa, con talos de ata 35 cm. As follas van case todas dispostas en mouta basal, de 1-7 cm., lirado-pinnatífidas ou algunhas enteiras, con lóbulo terminal obtuso, a miúdo trilobulado. As follas caulinas, cando as hai, son menos lobadas, máis ou menos enteiras e lineares na parte superior.

As flores, dispostas en acio terminal, levan sépalos de 0,5-1 mm. e pétalos brancos, os externos de 0,8-3 mm., e os internos menores e 6 estames. A silícula, de 2,5-4 x 2,5-3 mm., obovada, ten valvas moi finas, lixeiramente aladas na parte superior, e estilete curto que apenas sobresae da escotadura. Sementes, 2 en cada lóculo.

Florece abondosa entre abril e xuño en toda Galiza, en especial nos chans alterados tras as queimas.


Lugar de observación: Vilatuxe. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.