Alliaria petiolata


Herbácea bienal con talo ramificado superiormente que acada 100 cm. e arrecende a allos ao esfregala. As follas, de ata 10 cm., son cordadas a triangulares, de base cordada, máis pecioladas canto máis abaixo.

As flores van dispostas en acios terminais, sobre pedicelos de ata 4 mm., e levan sépalos de 2-3, 5 mm. e pétalos brancos de 3-6 mm.

Os froitos son silicuas de 12-70 x 1-2,5 mm., patentes.

Florece entre maio e agosto no interior, a certa altura, a miúdo en terreos con bastante materia orgánica e sombrizos, como sotobosques. Emprégase como estimulante e diurético.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.